03 MAR

O INCIO BUSCA AFIANZARSE COMO DESTINO DE NATUREZA E AVENTURA.

Reproducimos la noticia publicada por la redacción del Xornal de Lemos
"O rexedor mantivo un encontro cos membros da firma Greloland cos que abordou a posibilidade de organizar rutas que axuden a poñer en valor o potencial natural do municipio e atraian novos visitantes, unha vez que as normas sanitarias o permitan.
O Goberno local do Incio estuda a colaboración con Greloland para organizar saídas de moto-turismo ou trail, así como outras actividades de vehículos todoterreo ou formativas fóra do asfalto.
Se as condicións o permiten, a primeira das rutas de motos de trail podería celebrarse na Semana Santa. O obxectivo da proposta é ser especialmente coidadosos co medio ambiente e contorna, polo que os vehículos non serán os protagonistas dos plans que se deseñen, senón a natureza, a cultura, a gastronomía e o respecto e o compromiso co medio polo que discorran as rutas. A implantación destas rutas turísticas terían como punto de partida o Concello do Incio e estarían deseñadas para visitar os principais puntos culturais e naturais que atesoura a localidade, como a Ruta do Ferro, a do Mamut, a dos Castros, a igrexa de Hospital ou a igrexa da Cruz do Incio, entre outros moitos. Serán eventos de aventura con prazas limitadas nos que os asistentes contarán con monitores para levar a cabo todo o percorrido. A participación estará aberta á xente da zona e tamén doutros puntos de Galicia e de fóra da Comunidade.
O rexedor sinala que todos os contactos que se están a manter por parte do Goberno local teñen como obxectivo “poñer ao Incio no mapa do turismo de aventura e de natureza e promocionar todos os seus recursos”.
Este es el enlace de la noticia: enlace