17 ABR
Actualidad

INVESTIGACIÓN DO SEPRONA POR AGRESIÓN NO PINDO

 Onte poñía unha imaxe esperanzadora pra o mundo do 4x4. Hoxe, lamentablemente, teño que facerme eco desta noticia aparecida na Voz de Galicia. Por suposto que non coñezo os detalles e pode resultar que a suposta agresión non sexa nada, pero penso que o mellor sería que os responsables se poñeran en contacto ca Guardia Civil, dando a cara pra aclarar o asunto. A no ser que se trate, efectivamente, duns bándalos que non lles importe deixar o mundo do todo terreo en mal lugar.

Fuente: La Voz de Galicia.

Axentes do Seprona investigan unha agresión ambiental cometida no monte Pindo, e que foi detectada fai unhas dúas semanas por membros da asociación que defende a catalogación do macizo como parque natural. Os excursionistas comprobaron que no camiño que permite chegar ata A Moa desde O Fieiro había marcas de rodas, que varias árbores foran arrincados e diversas pedras, desprazadas.

A entidade Monte Pindo puxo os feitos en coñecemento do Concello de Carnota que, á súa vez, remitiu unha comunicación ao distrito forestal quinto e ao Seprona. Axentes do distrito forestal acudiron ao lugar e verificaron os danos. Presúmese que vehículos todoterreo pasaron por este acceso, o máis utilizado porque permite chegar ata A Moa sen demasiada dificultade.

Fontes da investigación indicaron onte que no macizo rexistráronse outras agresións, pero que esta é a primeira destas características que se produce. Este carreiro é impracticable para automóbiles.

Pola súa banda, integrantes de Monte Pindo sinalaron que afeccionados ao trial subiron en moto pola mole de granito nalgunhas ocasións e que desde a propia entidade houbo contactos con pilotos para que abandonasen esta práctica. A asociación tamén denunciou a creación dunha vía de escalada sen autorización.